Tarefa 3: Realizar unha valoración do punto de partida da nosa escola infantil como EPrS, utilizando a ferramenta de avaliación rápida da SHE
Enquisa do análise da situación actual do centro para orientarnos sobre as accións futuras que podemos levar a cabo dende a Escola.
Noso compromiso negociar ascensor e mellora do patio exterior con parte cuberta, así como a creación dunha horta no mesmo.
Na actualidade a escola reflicte nos seus documentos e programacións o cubrir as necesidades de alimentación, hixiene, actividade, seguridade e reposo. Na parva fomenta unha alimentación saludable consumindo froitas e froitos de tempada e as comidas son elaboradas segundo as necesidades das crianzas e baixo control do nutricionista, na cocina que ten o centro, pola cociñeira, con productos de tempada que a escola merca semanalmente nun supermercado local.
O entorno, ambiente,iluminación, temperatura...cumplen coa normativa, se ben é certo que arquitectonicamnente a escola ten tres plantas e non temos ascensor, polo tanto a inclusión de alumnado con movilidade reducida non sería fácil. Neste punto observamos a necesidade, unha vez máis, de voltar a falar co Concello e reunirnos os membros do consello escolar para buscar solución económica ou algunha outra alternativa viable.
Por parte da administración nos últimos anos notamos unha deixadez en canto a cursos de formación para cos seus profesionais, pois xa hai tempo que se nos queremos seguir formando ten que ser pola nosa conta. Por parte da administración a xente que fai substitucións non se lle aporta a vestimenta e o calzado estipulado para levar a cabo a súa labor, fomentando desigualdade entre os seus traballadores e non cumplindo a normativa.
A axuda dos profesionais da saúde ou servicios psicopedagóxicos teñen unha resposta lenta dende a nosa opinión,dende que detectamos algún problema ou trastorno, facemos tutorías, abrimos informe para pedir axuda aos especialistas, falamos coas familias, poden pasar meses moi valiosos na toma medidas e accións correctoras. Neste senso e para que a colaboración estreita coa familia dea resultados cremos necesario, a traveso do Concello e Centro de Saúde, actividades como Escolas de Pais e Nais que favorezcan e promovan a importancia da saúde e da colaboración e coordinación entre familia e escola en materias de saúde e bienestar físico, psíquico e emocional.
Os grupo de 0-1 e 1-2, cuxas aulas estàn na planta por onde se entra á escola, non teñen patio interior, así que se non saímos, os recreos e a actividade física transcurre na mesma aula.
O grupo 2-3 disfruta na plata alta dun local multiuso do que fan uso para actividades psicomotrices, recreos cando o clima non permite saír ao patio exterior, e que tamén utilizan de comedor.
Cremos que habilitar unha parte do patio exterior para os bebés e cubrir parte do patio exterior (que nos foi doado en prestamo para uso da escola por un veciño colindante) é de gran importancia e unha necesidade para coas nosas crianzas e para o que sería necesario un investemento económico que nós non temos. Estaríamos contentos de por nel unha pequena horta para ir sementando hàbitos de coidado ao entorno e promover outras novas actividades de sostenibilidade, probablemente coa colaboración das familias e algunha das tendas agrícolas do lugar.
A pesar de todo o todo o persoal da escola en colaboración coas familias estamos moi contentos da actividade conxunta que levamos a cabo favorecendo e promocionado a autoestima e a autonomía das nosas crianzas cada día, sentíndonos orgullosos dos seus logros e pondo, a traveso do xogo e a motivación, a Semente necesaria para que eles mesmos, màis adiante sexan capaces de coidar de xeito saludable de si mesmos e estean preparados para à vida dende un enfoque salutoxénico.
https://drive.google.com/file/d/16v7DpCxkTXr3op0OLCoTnaIo054PCuOG/view?usp=drive_link
Ningún comentario:
Publicar un comentario