venres, 26 de abril de 2024

SAÚDE, PROMOCIÓN PARA A SAÚDE E ESCOLA COMO PROMOTORA DE SAÚDE. ( #CentroEducativoSaludable#)


Benvid@s,

Antes de comezar a promocionar a saúde das crianzas na súa primeira infancia, creo necesario deixar claro nesta aventura algunhas definicións que axudarán a comprender a toda a poboación a finalidade deste blog:

- Saúde (OMS), estado de benestar físico, mental e social das crianzas dende o seu nacemento ata a súa adolescencia. Inclúe aspectos relacionados co crecemento, prevención e tratamento de enfermidades, a promoción da saúde e benestar emocional e social das crianzas. Polo tanto, podemos dicir que a saúde é moito máis que a ausencia de enfermidade.

En 1945 o termo promoción para a saúde foi utilizado por primeira vez por Henry Sigerits e fai referencia a catro accións: promocionar a saúde, prevención de enfermidades, curación e rehabilitación.

En 1986 (OMS) nunha convención apróbase a Carta de Ottawa que define este concepto como " proporcionar aos pobos os medios necesarios para mellorar a saúde e exercer un maior control sobre a mesma.

- Promoción da saúde, medidas e condutas encamiñadas a fomentar un estilo de vida sano, previr enfermidades físicas e psíquicas, así como a integración no medio.

Segundo a Carta de Ottawa (1986), que sentou as bases da promoción de saúde, a saúde créase e vívese no marco da vida cotiá, e é o resultado dos coidados que un dispensa a si mesmo e a os demais, da capacidade de tomar decisións e controlar a vida propia e de asegurar que a sociedade no que un vive ofreza a todos os seus membros a posibilidade de gozar dun bo estado de saúde.

Chegados a este punto, atopámonos cunha gran evidencia, as desigualdades que existen  no mundo, xa que son moitos dos factores socio-económicos, culturais, ambientais e políticas sociais que van influír de xeito individual e colectivo na saúde da poboación. 

Nesta aventura ímonos centrar no que nos toca de perto e que será un anaco para mellorar e participar na salutogénese no contexto educativo da primeira infancia, protexendo os seus dereitos ao xogo, alimentación, descanso, seguridade, hixiene física e mental, entre outras, convertindo a escola como compensadora das desigualdades socio-económicas e culturais e favorecendo a autoestima, a autonomía e as rutinas para que xa dende moi cedo eles mesmos se preparen para vivir a vida de xeito máis saludable.

Neste senso a escola física (espazos interiores e exteriores, iluminación, deseño, mobiliario, etc), así como as relacións e colaboracións coas familias, membros do persoal e outros axentes da comunidade pública, privada e sen ánimo de lucro serán importantes compoñentes para desenvolver unha Escola Promotora de Saúde e benestar, incluíndo as políticas escolares para a saúde e benestar, protección contra o acoso, inclusión, igualdade, atención á diversidade e o uso adecuado das novas tecnoloxías.

Na seguinte infografía podemos observar os principais compoñentes que interrrelacionados colaboran para promover a saúde e o benestar individual e colectivo:

 #CentroEducativoSaludable#

 


 

 #CentroEducativoSaludable#

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Tarefa 3 Valoración do punto de partida da escola, fortalezas e debilidades

Tarefa 3:  Realizar unha valoración do punto de partida da nosa escola infantil como EPrS, utilizando a ferramenta de avaliación rápida da ...