ANALIZANDO E REFLEXIONANDO SOBRE
O CONTEXTO DA ESCOLA
EN PROMOCIÓN PARA A SAÚDE
CARACTERÍSTICAS
DO CENTRO E DO ENTORNO
- Escola infantil pública de 0 a
3 anos
- Entorno semiurbano
- Nivel socioeconomico e cultural
medio-baixo
- Medidas arquitectónicas e de
seguridade mellorables. Non conta con adaptacións para
discapacitados, tres plantas sen ascensor.
- As familias adicadas ao campo(
xornaleir@s nas viñas), ao sector da hostalería e
dependentes/as de
supermercados ou en paro intermitente.
- A escola a maioría das
familias son nadas no lugar, aínda que hai dous anos
chegaron refuxiados de países do este co cal a comunicación resulta difícil e temos
que utilizar o tradutor do móvil para transmitir os asuntos importantes, e de
- Sala multiusos que se utiliza
como comedor, patio interior e sala de psicomotricidade
- Patio exterior inadecuado
- A escola está situada nunha
gran pendente no centro da Vila, de aí que a maioría
cheguen en
coche
- A vila conta con un IES, Centro
médico, Concello con áreas de asuntos Sociais e
cultura,
Conservatorio de Música, Auditorio, Oficina de turismo, Xulgado,
biblioteca
pública, supermercados, cafeterías, establecementos de
restauración, posto da garda
civil, Cruz Vermella, unha pequena
praza con columpios para nenos, e algunha zona
verde
ESTRUTURA
DA ESCOLA
-Escola
de 3 plantas sen ascensor:
-Sótano
con unha sala multiusos que se utiliza de almacén e con saída ao
patio metade
ao aire
libre,metade cuberto, do antigo colexio de primaria, usado para
actividades e
campamentos polo Concello en datas de vacacións.
-Primeira
planta pola que se accede por
unha rampla:
+Entrada
con casilleiros, taboleiro de anuncios e pequeno estante da
biblioteca onde se
intercambian libros
+
Pequeno hall
para a entrada as 2 aulas e á pequena cociña.
+Aula
de 0-1 anos, con zona de
descanso diferenciada e con un cuarto con bañeira
para
adultos,lavadora,secadora, armarios para gardar roupa de berces,
babeiros,
utensilios e produtos de limpeza.
+Aula
de 1-2 anos, con un
cuarto de baño para os pequenos, cunha pileta e un water, do
cal se
accede a un pequeno cuarto onde almacenamos material para
actividades.
+Pequena
cociña equipada con
forno, lavavaixelas, mesado de preparación, microondas
e cociña .
Conta cunha porta de entrada e saída independiente, á rampa de
entrada a
escola
-
Segunda planta, pola que se
accede por unha escada:
+Pequeno
hall que distribúe ás
4 portas (aula, baño para adultos con dúas piletas, 1
prato de ducha e water,
despacho de dirección e sala multiusos)
+Aula de 2-3
+Aseo para o persoal
+Despacho de dirección
+Sala multiusos(aula de
psicomotricidade e comedor do grupo 2-3 anos)
A escola conta cun patio exterior
sen elementos, sen cuberta e que todos os anos hai
que estar encima
do Concello para que veña a rozalo)
A
escola recolle nos seus diversos documentos de centro actuacións
mínimas e
indispensables nestas idades para cubrir as necesidades
das crianzas alimentación,
seguridade, hixiene, actividade, descanso
que se plasman no día a día, a traveso das
rutinas e hábitos,
dadas as idades das crianzas.
En
relación coa Xunta de Galicia é indispensable para acceder a este
servizo, gratuíto
dende o 2022, ter ao día a cartilla de
vacinación.
No
referente á alimentación e para paliar as posibles
carencias económicas das
familias, o comedor
e un servizo gratuíto,
no que se oferta un menú saludable
elaborado cada día na
cociña do centro pola cociñeira e con produtos que se mercan
nun
supermecado da Vila.
Dende
o centro acordouse que o momento da parva darase froita de
tempada, así
coma nos postres dos menús. Polo tanto produtos de
repostería ou similares non teñen
cabida na escola. A bebida será
leite materna ou de fórmula (
que son a cargo das
familias) e
auga, exclusivamente.
En
canto a seguridade podemos dicir que cumple os
requisitos mínimos dos centros,
regulados polo D329/2002 do 28 de
Xullo.
Hai
uns anos resaltamos carencias neste sentido polo que se solicitou un
ascensor, a
mellora do mobiliario e un patio exterior. O
Concello, tras esperar e reiterarnos, mercou
algún mobiliario,
pintou a escola e un veciño que tiña un terreo colindante á escola
cédeunolo para poder contar cun patio exterior. A día de
hoxe o ascensor non existe,
co cal, no caso de crianzas con
discapacidade de 2 a 3 anos, non teñen adaptacións
para subir á
segunda planta.
A
día de hoxe, as crianzas carecen de patio exterior que cumpla os
requisitos e o uso
do mesmo está supeditado a que o concello no lo
limpe, tarefa que non chega moitas
veces a tempo e non está equipado
de cuberta nin de mobiliario. Neste sentido existe
capacidade para
mellorar pero non damos acadado o apoio necesario.
Se
o ascensor chegara cabía a posibilidade de uso do patio do antigo
colexio, con
acceso dende o sótano do mesmo edificio.
Dun
ou doutro xeito, a actividade ao aire libre vese reducida a o bo
tempo e ás accións
de limpeza. Poder contar coa limpeza, un
areeiro, pequena horta, algún columpio fixo,
casiña, e parte
cuberta, favoreceríanos para levar a cabo actividades en promoción
da
saúde.
Non
contamos con páxina web, o intercambio de información
coas
familias é a
traveso da comunicación directa, do teléfono,
do taboleiro e das axendas (que moitas
das veces nin as len). Outro
dos factores que precisamos mellorar para poder implicar
ás familias
nunha escola de promoción para á saúde.
En
canto a tecnoloxía, nos últimos anos e despois do Covid,
observamos xa dende estas
idades temperás unha hiperactividade,
falta de concentración, actitudes ansiosas
deribadas do uso de
pantallas (tv, móbiles, tablets), que as estas idades non son
recomendables pero que as familias permiten o uso delas, coas
consecuencias negativas
para o desenvolvementos destas crianzas. Uso de pantallas 0
Dito
todo esto, neste senso poderiamos fomentar a saúde a traveso de
charlas en
colaboración co concello ou asociacións da contorna
(Escolas de pais e nais,
conferencias, talleres de psicomotricidade
cos seus fillos/as,...), pero antes
deberiamos
acadar unha mellora na comunicación coas familias que se
presentan a día de hoxe
pouco colaborativas, a pesar dos nosos
esforzos e tentativas de implicalos en actividades
da escola como
festa fin de curso, aportación de materiales de reciclado,
intercambio
de contos, etc.
Se ben é certo que a hora de traballar coas crianzas temos comtemplada en todos os
documentos a Educación para a saúde a nivel transversal e pomos a semente para
valerse para vida a traveso do xogo, baseándonos nas rutinas, creando ambientes de
confianza, seguridade e afecto para favorecer a súa autonomía, autoestima e
motivando a aprender facendo para que se sintan os protagonistas, e poidan
desenvolverse de xeito integral e atender as necesidades das crianzas; observo grazas a
esta formación, que neste nivel educativo, poderiamos ir máis alá e tratar de
promover iniciativas coas familias e resto da comunidade e así, emprender dende a
escola actuacións con enfoques salutoxénicos que nos impliquen a todos.
Sen
ter medios para analizar máis o contexto educativo ao que me refiro,
porque fago
substitución, e despois destas reflexións e pasar por
diversas escolas, doume conta de
que dende a administración e a
propia xerencia destas escola, téñennos nun estado de
abandono,
tanto a nivel de promoción de cursos para a mellora educativa dos
seus
profesionais, como na entrega de vestimenta para levar a cabo o
noso traballo ( a
maioría dos que substituímos non temos o uniforme
de traballo que recomendan).
Investigando caio na conta de que a maioría dos Programas
Educativos en Promoción
da Saúde da comunidade van dirixidos a
crianzas de 5-8 anos en adiante.
Conclusión:
Xa
sen estenderme máis, e se ben é certo que o sistema cubre ás
necesidades mínimas
e a protección á infancia, percibo que nos
queda moito que aprender, andar e mellorar
aspectos de iteración
comunicativa coas familias, que aínda non son conscientes do
valor
das escolas infantís no desenvolvemento das súas crianzas.
Con todas estas reflexións quédame claro a importancia que ten o sistema
educativo, a sanidade, os organismos locais, a comunidade, a necesidade de
accións formativas
para cos seus profesionais neste tramo educativo, e as
conexións coherentes entre todos para acadar logros en cuestións
de Promoción
da Saúde. Un engranaxe difícil de por a andar se non nos implicamos.
Igualmente
destacar a lentitude dos procesos de avaliacións psicopedagóxicas,
que
dende que os profesionais das escolas os detectamos, ata darlle
resolución pola
administración pasa un tempo de gran valor para
levar a cabo o tratamento temperá,
que moitas das veces xa chegan cando están
nos centros de educación obrigatoria, cos
seus consecuentes
retrasos a nivel evolutivo, psicolóxico, cognoscitivo, motor,
emocional...
Recalcar que a coordinación entre escolas, centros educativos, centros de saúde,
asistencia social, familias... para o meu entender e visto na
práctica, non segue a mesma
línea de actuación, nin ten, moitas das veces coherencia.
Para
moitos profesionais con crianzas destas idades, que queremos
implicarnos, a costa,
ás veces de adicar tempo fora do noso horario
laboral para poder levar a cabo
melloras, resúltanos árdua tarefa
cando o resto da comunidade non se implica, non se
coordina ou os
horarios laborais de atención á infancia e elaboración de
documentos
mínimos non da para todo. Polo que neste punto parece necesaria a reducción da
xornada de atención directa ou que existan outros profesionais para levar a cabo
facetas desta índole, ou que se aumente o persol para a atención directa.
Sei
que é un traballo que leva o seu tempo e dedicación e que se debe
empezar con
pequenos pasos e que hai que traballar a capacidade de
diálogo e de comunicación,
pequenas accións e actividades puntuais
que prosigan no tempo,etc, para logralo.
Así
que, pasiño a pasiño tentarei de por da miña parte.