ANALIZANDO E REFLEXIONANDO SOBRE O CONTEXTO DA ESCOLA
EN PROMOCIÓN PARA A SAÚDE
CARACTERÍSTICAS DO CENTRO E DO ENTORNO
- Escola infantil pública de 0 a 3 anos
- Entorno semiurbano
- Nivel socioeconomico e cultural medio-baixo
- Medidas arquitectónicas e de seguridade mellorables. Non conta con adaptacións para
discapacitados, tres plantas sen ascensor.
- As familias adicadas ao campo( xornaleir@s nas viñas), ao sector da hostalería e
dependentes/as de supermercados ou en paro intermitente.
- A escola a maioría das familias son nadas no lugar, aínda que hai dous anos
chegaron refuxiados de países do este co cal a comunicación resulta difícil e temos
que utilizar o tradutor do móvil para transmitir os asuntos importantes, e de
- Sala multiusos que se utiliza como comedor, patio interior e sala de psicomotricidade
- Patio exterior inadecuado
- A escola está situada nunha gran pendente no centro da Vila, de aí que a maioría
cheguen en coche
- A vila conta con un IES, Centro médico, Concello con áreas de asuntos Sociais e
cultura, Conservatorio de Música, Auditorio, Oficina de turismo, Xulgado, biblioteca
pública, supermercados, cafeterías, establecementos de restauración, posto da garda
civil, Cruz Vermella, unha pequena praza con columpios para nenos, e algunha zona
verde
ESTRUTURA DA ESCOLA
-Escola de 3 plantas sen ascensor:
-Sótano con unha sala multiusos que se utiliza de almacén e con saída ao patio metade
ao aire libre,metade cuberto, do antigo colexio de primaria, usado para actividades e
campamentos polo Concello en datas de vacacións.
-Primeira planta pola que se accede por unha rampla:
+Entrada con casilleiros, taboleiro de anuncios e pequeno estante da biblioteca onde se
intercambian libros
+ Pequeno hall para a entrada as 2 aulas e á pequena cociña.
+Aula de 0-1 anos, con zona de descanso diferenciada e con un cuarto con bañeira
para adultos,lavadora,secadora, armarios para gardar roupa de berces, babeiros,
utensilios e produtos de limpeza.
+Aula de 1-2 anos, con un cuarto de baño para os pequenos, cunha pileta e un water, do
cal se accede a un pequeno cuarto onde almacenamos material para actividades.
+Pequena cociña equipada con forno, lavavaixelas, mesado de preparación, microondas
e cociña . Conta cunha porta de entrada e saída independiente, á rampa de entrada a
escola
- Segunda planta, pola que se accede por unha escada:
+Pequeno hall que distribúe ás 4 portas (aula, baño para adultos con dúas piletas, 1
prato de ducha e water, despacho de dirección e sala multiusos)
+Aula de 2-3
+Aseo para o persoal
+Despacho de dirección
+Sala multiusos(aula de psicomotricidade e comedor do grupo 2-3 anos)
A escola conta cun patio exterior sen elementos, sen cuberta e que todos os anos hai
que estar encima do Concello para que veña a rozalo)
A escola recolle nos seus diversos documentos de centro actuacións mínimas e
indispensables nestas idades para cubrir as necesidades das crianzas alimentación,
seguridade, hixiene, actividade, descanso que se plasman no día a día, a traveso das
rutinas e hábitos, dadas as idades das crianzas.
En relación coa Xunta de Galicia é indispensable para acceder a este servizo, gratuíto
dende o 2022, ter ao día a cartilla de vacinación.
No referente á alimentación e para paliar as posibles carencias económicas das
familias, o comedor e un servizo gratuíto, no que se oferta un menú saludable
elaborado cada día na cociña do centro pola cociñeira e con produtos que se mercan
nun supermecado da Vila.
Dende o centro acordouse que o momento da parva darase froita de tempada, así
coma nos postres dos menús. Polo tanto produtos de repostería ou similares non teñen
cabida na escola. A bebida será leite materna ou de fórmula ( que son a cargo das
familias) e auga, exclusivamente.
En canto a seguridade podemos dicir que cumple os requisitos mínimos dos centros,
regulados polo D329/2002 do 28 de Xullo.
Hai uns anos resaltamos carencias neste sentido polo que se solicitou un ascensor, a
mellora do mobiliario e un patio exterior. O Concello, tras esperar e reiterarnos, mercou
algún mobiliario, pintou a escola e un veciño que tiña un terreo colindante á escola
cédeunolo para poder contar cun patio exterior. A día de hoxe o ascensor non existe,
co cal, no caso de crianzas con discapacidade de 2 a 3 anos, non teñen adaptacións
para subir á segunda planta.
A día de hoxe, as crianzas carecen de patio exterior que cumpla os requisitos e o uso
do mesmo está supeditado a que o concello no lo limpe, tarefa que non chega moitas
veces a tempo e non está equipado de cuberta nin de mobiliario. Neste sentido existe
capacidade para mellorar pero non damos acadado o apoio necesario.
Se o ascensor chegara cabía a posibilidade de uso do patio do antigo colexio, con
acceso dende o sótano do mesmo edificio.
Dun ou doutro xeito, a actividade ao aire libre vese reducida a o bo tempo e ás accións
de limpeza. Poder contar coa limpeza, un areeiro, pequena horta, algún columpio fixo,
casiña, e parte cuberta, favoreceríanos para levar a cabo actividades en promoción da
saúde.
Non contamos con páxina web, o intercambio de información coas familias é a
traveso da comunicación directa, do teléfono, do taboleiro e das axendas (que moitas
das veces nin as len). Outro dos factores que precisamos mellorar para poder implicar
ás familias nunha escola de promoción para á saúde.
En canto a tecnoloxía, nos últimos anos e despois do Covid, observamos xa dende estas
idades temperás unha hiperactividade, falta de concentración, actitudes ansiosas
deribadas do uso de pantallas (tv, móbiles, tablets), que as estas idades non son
recomendables pero que as familias permiten o uso delas, coas consecuencias negativas
para o desenvolvementos destas crianzas. Uso de pantallas 0
Dito todo esto, neste senso poderiamos fomentar a saúde a traveso de charlas en
colaboración co concello ou asociacións da contorna (Escolas de pais e nais,
conferencias, talleres de psicomotricidade cos seus fillos/as,...), pero antes deberiamos
acadar unha mellora na comunicación coas familias que se presentan a día de hoxe
pouco colaborativas, a pesar dos nosos esforzos e tentativas de implicalos en actividades
da escola como festa fin de curso, aportación de materiales de reciclado, intercambio
de contos, etc.
Se ben é certo que a hora de traballar coas crianzas temos comtemplada en todos os
documentos a Educación para a saúde a nivel transversal e pomos a semente para
valerse para vida a traveso do xogo, baseándonos nas rutinas, creando ambientes de
confianza, seguridade e afecto para favorecer a súa autonomía, autoestima e
motivando a aprender facendo para que se sintan os protagonistas, e poidan
desenvolverse de xeito integral e atender as necesidades das crianzas; observo grazas a
esta formación, que neste nivel educativo, poderiamos ir máis alá e tratar de
promover iniciativas coas familias e resto da comunidade e así, emprender dende a
escola actuacións con enfoques salutoxénicos que nos impliquen a todos.
Sen ter medios para analizar máis o contexto educativo ao que me refiro, porque fago
substitución, e despois destas reflexións e pasar por diversas escolas, doume conta de
que dende a administración e a propia xerencia destas escola, téñennos nun estado de
abandono, tanto a nivel de promoción de cursos para a mellora educativa dos seus
profesionais, como na entrega de vestimenta para levar a cabo o noso traballo ( a
maioría dos que substituímos non temos o uniforme de traballo que recomendan).
Investigando caio na conta de que a maioría dos Programas Educativos en Promoción
da Saúde da comunidade van dirixidos a crianzas de 5-8 anos en adiante.
Conclusión:
Xa sen estenderme máis, e se ben é certo que o sistema cubre ás necesidades mínimas
e a protección á infancia, percibo que nos queda moito que aprender, andar e mellorar
aspectos de iteración comunicativa coas familias, que aínda non son conscientes do
valor das escolas infantís no desenvolvemento das súas crianzas.
Con todas estas reflexións quédame claro a importancia que ten o sistema
educativo, a sanidade, os organismos locais, a comunidade, a necesidade de
accións formativas para cos seus profesionais neste tramo educativo, e as
conexións coherentes entre todos para acadar logros en cuestións de Promoción
da Saúde. Un engranaxe difícil de por a andar se non nos implicamos.
Igualmente destacar a lentitude dos procesos de avaliacións psicopedagóxicas, que
dende que os profesionais das escolas os detectamos, ata darlle resolución pola
administración pasa un tempo de gran valor para
levar a cabo o tratamento temperá,
que moitas das veces xa chegan cando están nos centros de educación obrigatoria, cos
seus consecuentes retrasos a nivel evolutivo, psicolóxico, cognoscitivo, motor,
emocional...
Recalcar que a coordinación entre escolas, centros educativos, centros de saúde,
asistencia social, familias... para o meu entender e visto na práctica, non segue a mesma
línea de actuación, nin ten, moitas das veces coherencia.
Para moitos profesionais con crianzas destas idades, que queremos implicarnos, a costa,
ás veces de adicar tempo fora do noso horario laboral para poder levar a cabo
melloras, resúltanos árdua tarefa cando o resto da comunidade non se implica, non se
coordina ou os horarios laborais de atención á infancia e elaboración de documentos
mínimos non da para todo. Polo que neste punto parece necesaria a reducción da
xornada de atención directa ou que existan outros profesionais para levar a cabo
facetas desta índole, ou que se aumente o persol para a atención directa.
Sei que é un traballo que leva o seu tempo e dedicación e que se debe empezar con
pequenos pasos e que hai que traballar a capacidade de diálogo e de comunicación,
pequenas accións e actividades puntuais que prosigan no tempo,etc, para logralo.
Así
que, pasiño a pasiño tentarei de por da miña parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario