luns, 13 de maio de 2024

Tarefa 3 Valoración do punto de partida da escola, fortalezas e debilidades

Tarefa 3:  Realizar unha valoración do punto de partida da nosa escola infantil como EPrS, utilizando a ferramenta de avaliación rápida da SHE

 

Enquisa do análise da situación actual do centro para orientarnos sobre as accións futuras que podemos levar a cabo dende a Escola.
Noso compromiso negociar ascensor e mellora do patio exterior con parte cuberta, así como a creación dunha horta no mesmo.

Na actualidade a escola reflicte nos seus documentos e programacións o cubrir as necesidades de alimentación, hixiene, actividade, seguridade e reposo. Na parva fomenta unha alimentación saludable consumindo froitas e froitos de tempada e as comidas son elaboradas segundo as necesidades das crianzas e baixo control do nutricionista, na cocina que ten o centro, pola cociñeira, con productos de tempada que a escola merca semanalmente nun supermercado local.

O entorno, ambiente,iluminación, temperatura...cumplen coa normativa, se ben é certo que arquitectonicamnente a escola ten tres plantas e non temos ascensor, polo tanto a inclusión de alumnado con movilidade reducida non sería fácil. Neste punto observamos a necesidade, unha vez máis, de voltar a falar co Concello e reunirnos os  membros do consello escolar para buscar solución económica ou algunha outra alternativa viable.

Por parte da administración nos últimos anos notamos unha deixadez en canto a cursos de formación para cos seus profesionais, pois xa hai tempo que se nos queremos seguir formando ten que ser pola nosa conta. Por parte da administración a xente que fai substitucións non se lle aporta a vestimenta e o calzado estipulado para levar a cabo a súa labor, fomentando desigualdade entre os seus traballadores e non cumplindo a normativa. 

A axuda dos profesionais da saúde ou servicios psicopedagóxicos teñen unha resposta lenta dende a nosa opinión,dende que  detectamos algún problema ou trastorno, facemos tutorías, abrimos informe para pedir axuda aos especialistas, falamos coas familias, poden pasar meses moi valiosos na toma medidas e accións correctoras. Neste senso e para que a colaboración estreita coa familia dea resultados cremos necesario, a traveso do Concello e Centro de Saúde, actividades como Escolas de Pais e Nais que favorezcan e promovan a importancia da saúde e da colaboración e coordinación entre familia e escola en materias de saúde e bienestar físico, psíquico e emocional.

Os grupo de 0-1 e 1-2, cuxas aulas estàn na planta por onde se entra á escola, non teñen patio interior, así que se non saímos, os recreos e a actividade física transcurre na mesma aula.

 O grupo 2-3 disfruta na plata alta dun local multiuso do que fan uso para actividades psicomotrices, recreos cando o clima non permite saír ao patio exterior, e que tamén utilizan de comedor.

Cremos que habilitar unha parte do patio exterior para os bebés e cubrir parte do patio exterior (que nos foi doado en prestamo para uso da escola por un veciño colindante) é de gran importancia e unha necesidade para coas nosas crianzas e  para o que sería necesario un investemento económico que nós non temos. Estaríamos contentos de por nel unha pequena horta para ir sementando hàbitos de coidado ao entorno e promover outras novas actividades de sostenibilidade, probablemente coa colaboración das familias e algunha das tendas agrícolas do lugar.

A pesar de todo o todo o persoal da escola en colaboración coas familias estamos moi contentos da actividade conxunta que levamos a cabo favorecendo e promocionado a autoestima e a autonomía das nosas crianzas cada día, sentíndonos orgullosos dos seus logros e pondo, a traveso do xogo e a motivación, a Semente necesaria para que eles mesmos, màis adiante sexan capaces de coidar de xeito saludable de si mesmos e estean preparados para à vida dende un enfoque salutoxénico.

https://drive.google.com/file/d/16v7DpCxkTXr3op0OLCoTnaIo054PCuOG/view?usp=drive_link 

 #CentroEducativoSaludable 


martes, 7 de maio de 2024

Tarea 2 Reflexión sobre o contexto educativo

A parte da tarefa 2 do curso de Escuelas Promotoras de Salud consiste na reflexión do contexto do centro. #CentroEducativoSaludable.
 
Unha das motivacións para levar a cabo este curso foi a necesidade que unha vai vendo polos diversos centros de Escolas Infantís de 0 a 3 anos, de carácter público e xeralmente situadas no rural, as necesidades de facer màis explícito e contínuo o traballo de Promoción da Saúde xa dende idades temperás cunha perspectiva salutoxénica ( dar as persoas coñecementos como ferramentas de transformación e destrezas que lles permitan utilizar os seus propios recursos. de xeito que poidan ter a capacidade de mellorar a súa propia saúde e a súa calidade de vida, tendo así unha influencia positiva na saúde propia e, polo tanto, na do resto da comunidade)
 
Por diversos estudos ao longo da historia e xeralmente, despois de guerras ou situacións de conflitos, queda constatado que a escolarización a idades temperás favorece o desenvolvemento integral das crianzas e polo tanto vai a repercutir na súa saúde.
As crianzas medran e cambian rápidamente, nós dende a escola e como profesionais, en canto ao crecemento e desenvolvemento, podemos dicir que se espera en cada etapa e por conseguinte detectar necesidades, carencias, etc, e así poder compensar e dar respostas dende a inclusión, a igualdade e o respecto á diversidade, activando recursos, actividades e diálogos que promovan unha educación para a saúde dende unha perspectiva salutoxénica. Polo tanto a escola vai a ser un importante elemento de activación e promoción para a saúde.

Se ben e certo que as necesidades nestas etapas non son as mesmas as das crianzas de 0 a 1 , que de 1 a 2 ,e que de 2 a 3.
 
Na primeira etapa precisan totalmente do adulto para sobrevivir, o que evidencia a necesidade de colaborar estreitamente coas familias para intercambiar información sobre hàbitos e actitudes fronte a determinadas situacións relacionadas coa alimentación, descanso, movemento, higiene, seguridades, calendario de vacinacións... Nas entrevistas iniciais imos recollendo toda esta información personal que pasarà, xunto cos documentos do período de adaptación, a formar parte do expediente do alumn@. Algo máis adiante prepararánse para acadar a autonomía e autoestima  para ser capaces de ser, facer e estar, pondo as bases e as sementes para unha educación salutoxénica.
As Escolas, como un dos eixes vertebradores na Promoción de Saúde, moitas veces, por non ser un tramo educativo obligatorio, atopámonos con casos en que a colaboración da familia, de asuntos sociais e da propia institución está desorganizada, non hai coherencia, entre outras. 
Algunhas familias non contan ou non se admiten certas carencias, necesidades, que nós imos detectando día a día, polo que a o noso traballo hai que sumarlle horas extras de tutorias, investigación, búsqueda de encontros e de diálogos que, por moi boas formas que teñamos, ás veces non son ben recibidos., e que fai árduo o nosos traballo, sobre todo se vemos a necesidade de abrir un informe da avaliación psicopedagóxica, iniciar unha atención temperá fronte algún tipo de necesidade, etc. Por todo esto e máis faise necesario facer partícipes da escola a pais e nais: xornadas de portas abertas, entrevistas, implicalos en actividades, celebracións, tutorías...; recanto de información para a familia (cursos preparto, escolas de nai/pais, información de axudas para alimentación, vivienda, teléfonos de interese, etc) etc. 
Chegados a este punto, vemos que a infigrafía anterior, da tarefa 1 podíanos valer pondo no centro á escola, xa que esta para promocionar saúde, aparte de facelo a traveso de actividades e accións recollidas nos documentos de centro e na programacións de aula e ciclo, debería que ter contacto estreito, xa non so coas familias, tamén con asuntos sociais, concellos, asociacións, etc, para poder promocionar a saúde dende un enfoque salutoxénico.

Vou, por tanto entrar xa na tarefa 2 do curso.
 

ANALIZANDO E REFLEXIONANDO SOBRE O CONTEXTO DA ESCOLA

 EN PROMOCIÓN PARA A SAÚDE


CARACTERÍSTICAS DO CENTRO E DO ENTORNO

- Escola infantil pública de 0 a 3 anos

- Entorno semiurbano

- Nivel socioeconomico e cultural medio-baixo

- Medidas arquitectónicas e de seguridade mellorables. Non conta con adaptacións para

discapacitados, tres plantas sen ascensor.

  - As familias adicadas ao campo( xornaleir@s nas viñas), ao sector da hostalería e 

dependentes/as de supermercados ou en paro intermitente.

- A escola a maioría das familias son nadas no lugar, aínda que hai dous anos

chegaron refuxiados de países do este co cal a comunicación resulta difícil e temos 

que utilizar o tradutor do móvil para transmitir os asuntos importantes, e de 

- Sala multiusos que se utiliza como comedor, patio interior e sala de psicomotricidade

- Patio exterior inadecuado

- A escola está situada nunha gran pendente no centro da Vila, de aí que a maioría 

cheguen en coche

- A vila conta con un IES, Centro médico, Concello con áreas de asuntos Sociais e 

cultura, Conservatorio de Música, Auditorio, Oficina de turismo, Xulgado, biblioteca 

pública, supermercados, cafeterías, establecementos de restauración, posto da garda 

civil, Cruz Vermella, unha pequena praza con columpios para nenos, e algunha zona 

verde


ESTRUTURA DA ESCOLA

-Escola de 3 plantas sen ascensor:

-Sótano con unha sala multiusos que se utiliza de almacén e con saída ao patio metade

ao aire libre,metade cuberto, do antigo colexio de primaria, usado para actividades e 

campamentos polo Concello en datas de vacacións.

-Primeira planta pola que se accede por unha rampla:

+Entrada con casilleiros, taboleiro de anuncios e pequeno estante da biblioteca onde se 

intercambian libros

+ Pequeno hall para a entrada as 2 aulas e á pequena cociña.

+Aula de 0-1 anos, con zona de descanso diferenciada e con un cuarto con bañeira 

para adultos,lavadora,secadora, armarios para gardar roupa de berces, babeiros, 

utensilios e produtos de limpeza.

+Aula de 1-2 anos, con un cuarto de baño para os pequenos, cunha pileta e un water, do 

cal se accede a un pequeno cuarto onde almacenamos material para actividades.

+Pequena cociña equipada con forno, lavavaixelas, mesado de preparación, microondas 

e cociña . Conta cunha porta de entrada e saída independiente, á rampa de entrada a 

escola

- Segunda planta, pola que se accede por unha escada:

+Pequeno hall que distribúe ás 4 portas (aula, baño para adultos con dúas piletas, 1  

prato  de ducha e water, despacho de dirección e sala multiusos)

+Aula de 2-3

+Aseo para o persoal

+Despacho de dirección

+Sala multiusos(aula de psicomotricidade e comedor do grupo 2-3 anos)

A escola conta cun patio exterior sen elementos, sen cuberta e que todos os anos hai 

que estar encima do Concello para que veña a rozalo)

A escola recolle nos seus diversos documentos de centro actuacións mínimas e 

indispensables nestas idades para cubrir as necesidades das crianzas alimentación, 

seguridade, hixiene, actividade, descanso que se plasman no día a día, a traveso das 

rutinas e hábitos, dadas as idades das crianzas.

En relación coa Xunta de Galicia é indispensable para acceder a este servizo, gratuíto 

dende o 2022, ter ao día a cartilla de vacinación.

No referente á alimentación e para paliar as posibles carencias económicas das 

familias, o comedor e un servizo gratuíto, no que se oferta un menú saludable  

elaborado cada día na cociña do centro pola cociñeira e con produtos que se mercan 

nun supermecado da Vila.

Dende o centro acordouse que o momento da parva darase froita de tempada, así 

coma nos postres dos menús. Polo tanto produtos de repostería ou similares non teñen 

cabida na escola. A bebida será leite materna ou de fórmula ( que son a cargo das 

familias) e auga, exclusivamente.

En canto a seguridade podemos dicir que cumple os requisitos mínimos dos centros, 

regulados polo D329/2002 do 28 de Xullo.

Hai uns anos resaltamos carencias neste sentido polo que se solicitou un ascensor, a 

mellora do mobiliario e un patio exterior. O Concello, tras esperar e reiterarnos, mercou 

algún mobiliario, pintou a escola e un veciño que tiña un terreo colindante á escola 

cédeunolo para poder contar cun patio exterior. A día de hoxe o ascensor non existe, 

co cal, no caso de crianzas con discapacidade de 2 a 3 anos, non teñen adaptacións 

para subir á segunda planta.

A día de hoxe, as crianzas carecen de patio exterior que cumpla os requisitos e o uso  

do mesmo está supeditado a que o concello no lo limpe, tarefa que non chega moitas 

veces a tempo e non está equipado de cuberta nin de mobiliario. Neste sentido existe 

capacidade para mellorar pero non damos acadado o apoio necesario.

Se o ascensor chegara cabía a posibilidade de uso do patio do antigo colexio, con 

acceso dende o sótano do mesmo edificio.

Dun ou doutro xeito, a actividade ao aire libre vese reducida a o bo tempo e ás accións 

de limpeza. Poder contar coa limpeza, un areeiro, pequena horta, algún columpio fixo, 

casiña, e parte cuberta, favoreceríanos para levar a cabo actividades en promoción da 

saúde.

Non contamos con páxina web, o intercambio de información coas familias é a 

traveso da comunicación directa, do teléfono, do taboleiro e das axendas (que moitas 

das veces nin as len). Outro dos factores que precisamos mellorar para poder implicar  

ás familias nunha escola de promoción para á saúde.

En canto a tecnoloxía, nos últimos anos e despois do Covid, observamos xa dende estas

idades temperás unha hiperactividade, falta de concentración, actitudes ansiosas 

deribadas do uso de pantallas (tv, móbiles, tablets), que as estas idades non son 

recomendables pero que as familias permiten o uso delas, coas consecuencias negativas

para o desenvolvementos destas crianzas. Uso de pantallas 0

Dito todo esto, neste senso poderiamos fomentar a saúde a traveso de charlas en 

colaboración co concello ou asociacións da contorna (Escolas de pais e nais, 

conferencias, talleres de psicomotricidade cos seus fillos/as,...), pero antes deberiamos 

acadar unha mellora na comunicación coas familias que se presentan a día de hoxe 

pouco colaborativas, a pesar dos nosos esforzos e tentativas de implicalos en actividades

da escola como festa fin de curso, aportación de materiales de reciclado, intercambio 

de contos, etc.

Se ben é certo que a hora de traballar coas crianzas temos comtemplada en todos os 

documentos a Educación para a saúde a nivel transversal e pomos a semente para 

valerse para vida a traveso do xogo, baseándonos nas rutinas, creando ambientes de 

confianza, seguridade e afecto para favorecer a súa autonomía, autoestima e

motivando a aprender facendo para que se sintan os protagonistas, e poidan 

desenvolverse de xeito integral e atender as necesidades das crianzas; observo grazas a 

esta formación, que neste nivel educativo, poderiamos ir máis alá e tratar de 

promover iniciativas coas familias e resto da comunidade e así, emprender dende a 

escola actuacións con enfoques salutoxénicos que nos impliquen a todos.


Sen ter medios para analizar máis o contexto educativo ao que me refiro, porque fago 

substitución, e despois destas reflexións e pasar por diversas escolas, doume conta de 

que dende a administración e a propia xerencia destas escola, téñennos nun estado de 

abandono, tanto a nivel de promoción de cursos para a mellora educativa dos seus 

profesionais, como na entrega de vestimenta para levar a cabo o noso traballo ( a 

maioría dos que substituímos non temos o uniforme de traballo que recomendan). 

Investigando caio na conta de que a maioría dos Programas Educativos en Promoción 

da Saúde da comunidade van dirixidos a crianzas de 5-8 anos en adiante.

 

Conclusión:

Xa sen estenderme máis, e se ben é certo que o sistema cubre ás necesidades mínimas

e a protección á infancia, percibo que nos queda moito que aprender, andar e mellorar 

aspectos de iteración comunicativa coas familias, que aínda non son conscientes do  

valor das escolas infantís no desenvolvemento das súas crianzas. 

Con todas estas reflexións quédame claro a importancia que ten o sistema 

educativo, a sanidade, os organismos locais, a comunidade, a necesidade de 

accións formativas para cos seus profesionais neste tramo educativo, e as

conexións coherentes entre todos para acadar logros en cuestións de Promoción 

da Saúde. Un engranaxe difícil de por a andar se non nos implicamos.

Igualmente destacar a lentitude dos procesos de avaliacións psicopedagóxicas, que 

dende que os profesionais das escolas os detectamos, ata darlle resolución pola 

administración pasa un tempo de gran valor para levar a cabo o tratamento temperá,

que moitas das veces xa chegan cando están nos centros de educación obrigatoria, cos 

seus consecuentes retrasos a nivel evolutivo, psicolóxico, cognoscitivo, motor, 

emocional... 

Recalcar que a coordinación entre escolas, centros educativos, centros de saúde, 

asistencia social, familias... para o meu entender e visto na práctica, non segue a mesma

línea de actuación, nin ten, moitas das veces coherencia.

Para moitos profesionais con crianzas destas idades, que queremos implicarnos, a costa,

ás veces de adicar tempo fora do noso horario laboral para poder levar a cabo 

melloras, resúltanos árdua tarefa cando o resto da comunidade non se implica, non se 

coordina ou os horarios laborais de atención á infancia e elaboración de documentos 

mínimos non da para todo. Polo que neste punto parece necesaria a reducción da 

xornada de atención directa ou que existan outros profesionais para levar a cabo 

facetas desta índole, ou que se aumente o persol para a atención directa.

Sei que é un traballo que leva o seu tempo e dedicación e que se debe empezar con 

pequenos pasos e que hai que traballar a capacidade de diálogo e de comunicación,

pequenas accións e actividades puntuais que prosigan no tempo,etc, para logralo.

Así que, pasiño a pasiño tentarei de por da miña parte.


 
 



venres, 26 de abril de 2024

SAÚDE, PROMOCIÓN PARA A SAÚDE E ESCOLA COMO PROMOTORA DE SAÚDE. ( #CentroEducativoSaludable#)


Benvid@s,

Antes de comezar a promocionar a saúde das crianzas na súa primeira infancia, creo necesario deixar claro nesta aventura algunhas definicións que axudarán a comprender a toda a poboación a finalidade deste blog:

- Saúde (OMS), estado de benestar físico, mental e social das crianzas dende o seu nacemento ata a súa adolescencia. Inclúe aspectos relacionados co crecemento, prevención e tratamento de enfermidades, a promoción da saúde e benestar emocional e social das crianzas. Polo tanto, podemos dicir que a saúde é moito máis que a ausencia de enfermidade.

En 1945 o termo promoción para a saúde foi utilizado por primeira vez por Henry Sigerits e fai referencia a catro accións: promocionar a saúde, prevención de enfermidades, curación e rehabilitación.

En 1986 (OMS) nunha convención apróbase a Carta de Ottawa que define este concepto como " proporcionar aos pobos os medios necesarios para mellorar a saúde e exercer un maior control sobre a mesma.

- Promoción da saúde, medidas e condutas encamiñadas a fomentar un estilo de vida sano, previr enfermidades físicas e psíquicas, así como a integración no medio.

Segundo a Carta de Ottawa (1986), que sentou as bases da promoción de saúde, a saúde créase e vívese no marco da vida cotiá, e é o resultado dos coidados que un dispensa a si mesmo e a os demais, da capacidade de tomar decisións e controlar a vida propia e de asegurar que a sociedade no que un vive ofreza a todos os seus membros a posibilidade de gozar dun bo estado de saúde.

Chegados a este punto, atopámonos cunha gran evidencia, as desigualdades que existen  no mundo, xa que son moitos dos factores socio-económicos, culturais, ambientais e políticas sociais que van influír de xeito individual e colectivo na saúde da poboación. 

Nesta aventura ímonos centrar no que nos toca de perto e que será un anaco para mellorar e participar na salutogénese no contexto educativo da primeira infancia, protexendo os seus dereitos ao xogo, alimentación, descanso, seguridade, hixiene física e mental, entre outras, convertindo a escola como compensadora das desigualdades socio-económicas e culturais e favorecendo a autoestima, a autonomía e as rutinas para que xa dende moi cedo eles mesmos se preparen para vivir a vida de xeito máis saludable.

Neste senso a escola física (espazos interiores e exteriores, iluminación, deseño, mobiliario, etc), así como as relacións e colaboracións coas familias, membros do persoal e outros axentes da comunidade pública, privada e sen ánimo de lucro serán importantes compoñentes para desenvolver unha Escola Promotora de Saúde e benestar, incluíndo as políticas escolares para a saúde e benestar, protección contra o acoso, inclusión, igualdade, atención á diversidade e o uso adecuado das novas tecnoloxías.

Na seguinte infografía podemos observar os principais compoñentes que interrrelacionados colaboran para promover a saúde e o benestar individual e colectivo:

 #CentroEducativoSaludable#

 


 

 #CentroEducativoSaludable#

Tarefa 3 Valoración do punto de partida da escola, fortalezas e debilidades

Tarefa 3:  Realizar unha valoración do punto de partida da nosa escola infantil como EPrS, utilizando a ferramenta de avaliación rápida da ...